Wednesday, June 15, 2005

Acto de Intolerancia e Gamberrismo no Páramo !

Desinflan ruedas de 19 coches de simpatizantes del PP en O Páramo

Así era como abria hoxe a edicción dixital do Progreso e tamén a Publicación escrita do mércores 15 de xuño .
Os simpatizantes do PP deixaran os seus coches fronte ó consistorio para acudir en autobus ó mitin de Lugo .
Entre os coches danados está o coche do alcalde .
O acto de gamberrismo tivo lugar entre as oito da tarde e as 10:30 da noite .
A garda civil chamoulle a atención a rapidez coa que foron desinfladas a friolera de 76 rodas e arrincados tapacubos está a investigar o caso .
Os autores ademais de quitar o aire tamen arrincaron os gusanillos do neumático de tal forma que non puideron ser inflados de novo .
A tradicional asuncia de actos de gamberrismo no Páramo e o ser conocido o Páramo por un lugar de paz quedou gravemente danada a imaxe pública do noso Concello no exterior .

E unha pena que feitos destos acontezan no Páramo , cando por riba das distintas ideas ou ideoloxias temos que respetarnos e querernos como veciños .
Este acto é un acto de cobardía , porque actuaron de xeito rencoroso e Intolerante , en vez de usala palabra como arma e dar a cara á luz pública para mostrar o seu descontento .

O Colectivo Cultural Alternativo (que pronto disporara da súa propia asociación ) que tiña programado a emisión de 24 cortos chamados "Hai que botalos "(H.Q.B) para animar a votar polo cambio de goberno o día 19 decidiu nin primeiro momento suspender o acto de emisión da película en solidariedade por este acto de gamberrismo cos simpatizantes de outra forza política nembargantes e dado que a emisión fora organizada con tanta antelación e xa estaba todo oficilizado e como moita xente iba vir de fóra do Páramo para non lles causar molestias decidiuse seguir coa emisión dos cortos antes dos cales se leera unha nota de repulsa por estes feitos , de non ter sido por esta razón houberase suspendido o acto .

O respeto mútuo , o dialógo constructivo e ó respeto ós demais son as unicas vias para construir unha convivencia pacífica entre todos os veciños do Páramo .

0 Comments:

Post a Comment

<< Home