Saturday, June 25, 2005

Os Cruceiros de Saa : Un icono gráfico sen comentarios !


puro enxebrismo

O problema desta foto , non é tan sólo o contenedor verde , ou nin tan sequera o é o contenedor verde cheo de basura ( que sería a nota a destacar ) , tampouco o é unha porta tapiada de ladrillo ó fondo , nin tan sequera ese fermoso cruceiro de Pedra .
O problema desa foto é a foto en sí , o conxunto , e que reflexa un pouco o que está a acontecer no Páramo e no resto do interior de Galicia : Un crecemento Rápido e desordenado , irreflexivo e destructor de tradicións , de símbolos e hasta da paisaxe .

Seguro que a Eduardo Valiña lle interesaría esta foto tan preocupado como el anda agora na búsqueda de novos diálogos coa natureza .

E Saa a eterna parroquia de Saa , co outro cruceiro o da festa cercado de ladrillo e cemento por un particular nun lugar que era monte en mao común : concello , particulares , desidia cidadá ? , falta de sensibilidade pola Res Pública do Páramo ?

Links :

ver outra foto do mesmo sitio ( +pincha )
ver foto do outro cruceiro de Saa cercado por un particular ( +pincha )

0 Comments:

Post a Comment

<< Home